Novas
Consello Escolar
Este curso 2024 corresponde a renovación parcial dos membros do Consello Escolar dos Centros Públicos de Galicia. O consello escolar do centro é o órgano de participación da comunidade educativa no goberno dos centros. É moi importante que os pais e as nais se presenten ás eleccións, que serán en novembro (aínda non se comunicou a data exacta). Se queres saber máis sobre as funcións que desenvolve o Consello Escolar do Centro, fai clic aquí.
A Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos A Coruña organiza un curso de formación no que explican todo o proceso (constitución da xunta electoral, procedemento de elección e substitución, papeletas de votación, prazos de reclamación, constitución do novo consello, competencias, dereitos dos membros, prazos de convocatorias e entrega de documentación, etc.). Para inscribirse no curso, que terá lugar o vindeiro sábado 19/10 de 10:00 a 13:00 hs, fai clic aquí.
Moitas grazas!