Convocatoria extraordinaria de axudas para comedores escolares 2024/2025

O Concello de Oleiros ven de anunciar que para abrir a posibilidade de que se beneficien un maior número de persoas, desde o próximo luns día 5 e ata o 13 de agosto estará aberto o prazo extraordinario para solicitar subvencións para comedores escolares. As axudas seguirán sendo para cubrir o 100 %, o 60 % ou o 40% do custo do comedor, en función da renda familiar de cada neno ou nena, pero ampliáronse os límites de ingresos respecto aos establecidos inicialmente.

Todas as persoas que xa presentaron a súa solicitude no período ordinario serán valoradas en base aos novos criterios económicos, polo que non terán que volver a presentarse. As novas solicitudes deberán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros, nas oficinas de Servizos Sociais en Villa Echeverry en Perilllo (avenida Che Guevara 45) ou a través da Sede Electrónica.

A convocatoria está dirixida ao alumnado dos centros públicos de Oleiros nos que o servizo de comedor é xestionado polas ANPAs e coas que existe un convenio de colaboración para a xestión destas axudas. Todas as familias que teñan dereito a percibir estas prestacións poderán beneficiarse desde o primeiro día do curso escolar, sempre e cando tramiten a solicitude no prazo da convocatoria. 

O Concello de Oleiros agradece a todas as persoas que forman parte dos equipos directivos das ANPAs dos distintos centros a súa dedicación en beneficio do benestar dos nenos e nenas de Oleiros, así como a súa xestión para facilitar a tramitación e pagamento destas subvencións municipais.

MÁIS INFORMACIÓN: https://www.oleiros.org/inserci%C3%B3n-social/-/asset_publisher/b7mp7IIvqmfc/content/id/1269655

CAMPAMENTO APRENDE E COÑECE OLEIROS 2024

Un ano máis animámosvos a participar no campamento de verán APRENDE E COÑECE OLEIROS que organiza a Asociación Deportiva As Mariñas xunto coa  ANPA Bidueiro durante a última semana de xuño e os meses de xullo e agosto, no CEIP Isidro Parga Pondal.

 

Durante este mes de campamento tentaremos encher o tempo libre dos rapaces e rapazas da forma máis proveitosa e divertida. Para iso temos preparadas: excursións, saídas á praia e ao monte, actividades artísticas, lúdicas, deportivas e teatrais procurando manter sempre un equilibrio entre a diversión, aprendizaxe, sostenibilidade e traballo en equipo.

A hora de entrada será ás 9 da mañá de luns a venres aínda que a partir das 8:00h. tamén haberá un servizo de madrugadores (almorzo non incluído). A saída será ás 14:00h. agás para quen utilice o servizo de comedor que poderán estar ata as 16:00h.

Enlace de incripción: pincha aquí.

Tríptico 1

Tríptico 2

E-Dixgal en el CEIP Isidro Parga Pondal

El programa E-Dixgal “ofrece una educación completamente digital para aulas de 5º y 6º de Educación Primaria” en las escuelas que lo adoptan. Esto implica que, en esos cursos, estudiantes y docentes usan ordenadores personales para acceder a “aulas digitales”. Quizás te haya llegado el enlace a la encuesta para familias que elaboró ANPAS GALEGAS para conocer su opinión sobre el programa. Si no lo has hecho, te invitamos a participar en esa encuesta.

 
En el CEIP Isidro Parga Pondal, al cumplirse cuatro años desde la adopción del programa, los profesores deben decidir la continuidad del programa de cara al próximo curso 2024-2025. Desde el ANPA Bidueiro creemos que será útil compartir con los profesores la opinión de las familias de nuestro centro sobre este tema y, por eso, compartimos esta encuesta anónima basada en la de ANPAS GALEGAS. 
 
Contestar la encuesta te llevará menos de 5 minutos
 
Se aceptan respuestas hasta el miércoles 22/5
 
¡Muchas gracias por participar!