Inscrición na ANPA (novos socios e renovacións)

Ola familias:

Dende a ANPA Bidueiro desexámosvos un bo comezo de curso.

Lembrade que podedes inscribirvos como socios da ANPA. A vosa colaboración é moi importante para poder seguir xestionando servizos como o comedor e as actividades extraescolares.

Para rexistrarse como novo membro da ANPA ou para renovar a subscrición para este curso, cumprimenta o formulario de inscrición en calquera das súas versións (online ou PDF para descargar e enviar a info@anpabidueiro.es).

Non dubides en contactar connosco para compartir ideas e suxestións para este novo curso.

Moitas grazas, coma sempre, pola vosa colaboración.

Todo o mellor,

ANPA Bidueiro