Resolución do Concello as axudas a ANPA para a disminución do custo do comedor

Estimadas familias,

Por acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Oleiros celebrada o 28 de novembro de 2023, á ANPA Bidueiro foille concedida a subvención solicitada para a rebaixa do custo de comedor ás familias usuarias de Comedor empadroadas no Concello de Oleiros.

A contía total concecida é de 15.290,56 €. O cálculo dos importes individuáis por alumno/a e curso foi realizado polo Concello e son os seguintes:

    • Asistencia de 5 días/semana 118,94 €
    • Asistencia de 4 días/semana 95,29 €
    • Asistencia de 3 días/semana 71,63 €
    • Asistencia de 2 días/semana 47,31 €
    • Asistencia de 1 días/semana 23,65 €

Todas as solicitudes presentadas (agás a de unha familia coa que xa nos puxemos en contacto) teñen concecida a reducción do custo de Comedor, en función das asistencias e según os importes arriba indicados.

En canto a ANPA  Bidueiro reciba o ingreso por parte do Concello. efectuaremos a distribución das cantidades individuais que corresponden a cada usuario/a.

Nos próximos días informaremos do método de reparto dos importes.