Desde o día 5 de xullo e ata o día 18 de xullo estará aberto o prazo para solicitar subvencións para comedores escolares. As axudas serán para cubrir o 100 %, o 60 % ou o 40% do custo do comedor, en función da renda familiar de cada neno ou nena.
As solicitudes deberán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros, nas oficinas de Servizos Sociais en Villa Echeverry en Perilllo (avenida Che Guevara 45) ou a través da Sede Electrónica.
A convocatoria está dirixida ao alumnado dos centros públicos de Oleiros nos que o servizo de comedor é xestionado polas ANPAs e coas que existe un convenio de colaboración para a xestión destas axudas. Todas as familias que teñan dereito a percibir estas prestacións poderán beneficiarse desde o primeiro día do curso escolar, sempre e cando tramiten a solicitude no prazo da convocatoria.
O Concello de Oleiros agradece a todas as persoas que forman parte dos equipos directivos das ANPAs dos distintos centros a súa dedicación en beneficio do benestar dos nenos e nenas de Oleiros, así como a súa xestión para facilitar a tramitación e pagamento destas subvencións municipais.