CAMPAMENTO APRENDE E COÑECE OLEIROS 2024

Un ano máis animámosvos a participar no campamento de verán APRENDE E COÑECE OLEIROS que organiza a Asociación Deportiva As Mariñas xunto coa  ANPA Bidueiro durante a última semana de xuño e os meses de xullo e agosto, no CEIP Isidro Parga Pondal.

 

Durante este mes de campamento tentaremos encher o tempo libre dos rapaces e rapazas da forma máis proveitosa e divertida. Para iso temos preparadas: excursións, saídas á praia e ao monte, actividades artísticas, lúdicas, deportivas e teatrais procurando manter sempre un equilibrio entre a diversión, aprendizaxe, sostenibilidade e traballo en equipo.

A hora de entrada será ás 9 da mañá de luns a venres aínda que a partir das 8:00h. tamén haberá un servizo de madrugadores (almorzo non incluído). A saída será ás 14:00h. agás para quen utilice o servizo de comedor que poderán estar ata as 16:00h.

Enlace de incripción: pincha aquí.

Tríptico 1

Tríptico 2