ASÍ INICIAMOS O CURSO

Estimadas nais e pais, primeiro de todo darvos as grazas pola comprensión e a colaboración neste inicio de curso. Este presentábase incerto e con moitas cousas no aire entre elas a posibilidade de prestar os servizos de comedor e actividades, o que finalmente foi posible grazas a elaboración duns protocolos que tiveron que ser necesariamente estritos para poder cumprir a normativa vixente esixida pola Xunta de Galicia publicada no DOGA do 31/05/20.

Somos conscientes das restricións que o cumprimento destes protocolos carrexa pero a obrigatoriedade do seu cumprimento é imprescindible para a prestación dos servizos.

Feita esta aclaración, comentarvos que o servizo de comedor, despois dos axustes lóxicos desta realidade, está a funcionar moi ben, tanto nos tránsitos como no servizo de comida. Un dos puntos máis complicados foi a elaboración de turnos e a elaboración doutros espazos de comedor, posto que, é necesaria unha separación entre os grupos estables de convivencia. Durante os primeiros días tivemos un período de axuste nos tránsitos, os nenos e nenas non deberían cruzarse nas saídas e esto provocou uns lixeiros retrasos. Esto está solventado modificando algunhas rutas.

No comedor séntanse por grupos estables de convivencia e éstes separados entre sí por unha distancia superior a 1,5mts. Segundo as recomendacións, o alumnado fixo de comedor ocupará sempre os mesmos sitios. Neste momento estanse a servir unha media de 180 menús. A colaboración dos pequenos e pequenas é xenial.

Despois do servizo de comedor e mentres non comenzan as actividades os nenos e nenas teñen que permanecer agrupados do mesmo xeito que no comedor. Isto máis o espazo dispoñible son circunstancias que complican moito a espera e ese é motivo polo que adiantamos as actividades media hora, ás 15:30.

En canto as actividades, o principal desaxuste que tivemos foi nas rutas das entregas, fundamentalmente por algún mal entendido no referente ao lugar de recollida. Para solventalo, ata o un de outubro todas as recollidas serán pola entrada principal, e a partir desa data coa incorporación dun número importante de alumnado, o monitor notificará aos pais donde teñen que recoller aos fillos. No caso dos irmáns, articularase o xeito de ter un só punto de entrega.

Esperamos que co paso dos días nos vaiamos afacendo a esta nova situación normalizándoa e asimilándoa ás nosas rutinas diarias.

Un saúdo e reitero as grazas pola vosa comprensión e colaboración, ANPA somos tod@s.

Para calquera cousa tedes os nosos correos, info@anpabidueiro.es para información xeral, si se trata de actividades, actividades@anpabidueiro.es ou comedor comedor@anpabidueiro.es. Tamén tedes información na páxina web www.anpabidueiro.es