Desde o ANPA queremos propoñer ás familias un pacto colectivo para retrasar o uso do teléfono móbil entre os nenos e nenas, tanto no ámbito escolar como no familiar. Sabemos que no centro educativo xa está regulado o uso dos dispositivos móbiles, e cremos que estender esta norma ao fogar pode ser beneficioso para o desenvolvemento saudable dos menores.
Este pacto non pretende impoñer, senón acompañar ás familias nunha decisión compartida, ofrecendo apoio mutuo e creando un entorno no que os nenos e nenas non se sintan diferentes por non ter móbil. Cando a maioría camiña na mesma dirección, evitamos que aqueles que non dispoñen de móbil se sintan excluídos ou etiquetados como “os raros”.
En moitos centros educativos xa se está a aplicar esta iniciativa con éxito, fomentando valores como a autonomía, a socialización presencial e o uso responsable da tecnoloxía. Animámosvos a sumárvos a esta proposta, a reflexionar sobre o momento axeitado para introducir o móbil na vida dos vosos fillos e a construír xuntos un entorno máis consciente e respectuoso co seu benestar.