Servizo de conciliación (setembro)

Queridas familias:

Queremos informarvos de que, debido ás obras que se están realizando no pavillón e ao proceso de cambio da empresa responsable das actividades extraescolares, este curso as actividades extraescolares non poderán comezar ata o 1 de outubro.

Somos conscientes de que este atraso, co que inicialmente non contabamos, pode supoñer un importante inconveniente para a organización e a conciliación de moitas familias. Sentimos sinceramente as molestias que esta situación vos poida ocasionar e agradecemos de antemán a vosa comprensión.

Co obxectivo de ofrecer unha alternativa durante este período, conseguimos que a empresa de actividades extraescolares poña a disposición das familias un servizo temporal de conciliación, de 16:00 a 17:00 h, cun prezo reducido.

Importante: este servizo cubrirá unicamente a primeira hora, de 16:00 a 17:00 h. Non estará dispoñible para a segunda hora.

Os prezos serán:

• 1 día á semana → 9 €
• 2 días á semana → 18 €
• 3 días á semana → 24 €
• 4 días á semana → 30 €
• 5 días á semana → 36 €

As inscricións faranse desde o Portal da ANPA. Manterémosvos informados.

Lamentamos novamente os inconvenientes derivados deste atraso e agradecemos a vosa paciencia e colaboración.

Obradoiro de Robótica

Olá, familias:

Este curso, entre as extraescolares ofrecidas, atópase Robótica para o alumnado de Infantil e Primaria.

Queremos convidar a todo o alumnado a un obradoiro para coñecer a actividade o luns 7 de setembro. A actividade é gratuíta, pero é necesario realizar a inscrición mediante este formulario.

Esperámosvos!

Extraescolares 2026-2027

Ola, familias!

A partir de hoxe, xa está aberta a inscrición nas actividades extraescolares para o vindeiro curso 2026-2027, a través do Portal da ANPA: https://portal.anpabidueiro.es.

Por favor, tede en conta que os horarios que aparecen no Portal son os definitivos. Houbo un cambio no horario de Judo con respecto ao cadro que se compartira anteriormente.

Moitas grazas e felices vacacións! ☀️

Extraescolares 2026-2027

Boas, familias:

Queremos informarvos de que xa podedes consultar o cuadrante de actividades extraescolares previsto para este curso.

Nos vindeiros días abrirase o prazo de inscrición, polo que vos recomendamos estar atentos ás comunicacións do ANPA para non perder ningunha novidade.

Agardamos que a oferta sexa do voso interese. Moitas grazas pola vosa colaboración!