Actividade de teatro curso 2024/2025

Ola familias,

Compartimos convosco o formulario de inscripción para actividade de teatro: https://forms.gle/GTTwhi4JZYW9qLXX8

Como en anos anteriores, esta actividade realizarase o venres de 15:30 a 17:30 e será impartida por Ramiro Neira de Artestudio.

O prezo da actividade é de 20 euros por neno.
No caso de que un neno só asista unha hora á semana, o importe será de 10 euros/mes.

A actividade dará comenzo o 4 de outubro.

Bo fin de semana, familias.5

Inscrición na ANPA (novos socios e renovacións)

Ola familias:

Dende a ANPA Bidueiro desexámosvos un bo comezo de curso.

Lembrade que podedes inscribirvos como socios da ANPA. A vosa colaboración é moi importante para poder seguir xestionando servizos como o comedor e as actividades extraescolares.

Para rexistrarse como novo membro da ANPA ou para renovar a subscrición para este curso, cumprimenta o formulario de inscrición en calquera das súas versións (online ou PDF para descargar e enviar a info@anpabidueiro.es).

Non dubides en contactar connosco para compartir ideas e suxestións para este novo curso.

Moitas grazas, coma sempre, pola vosa colaboración.

Todo o mellor,

ANPA Bidueiro

LISTAXE DEFINITIVA DAS PRESTACIÓNS DE APOIO AO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2024/2025

Boas noites.


Xa  están publicadas as listaxes  definitivas da prestación apoio ao comedor escolar para curso 2024 / 2025. Premendo na seguinte ligazón, recondúcevos a PAX. WEB Municipal  https://bit.ly/4dS2bPN


Según recolle a convocatoria, é importante que ás familias que teñen concedida a axuda e ao mesmo tempo teñen débedas coa facenda local, se non están ao corrente de pago, antes do día 11 de setembro, entenderase desistida a dita axuda. (É necesario que nos entreguen a xustificación do pago, nas oficinas de Servizos Socias e Igualdade, tanto en Villa Echeverry en Perillo, como en Oleiros, na Rúa Camilo Díaz Baliño S/N).


Saúdos