E-Dixgal en el CEIP Isidro Parga Pondal

El programa E-Dixgal “ofrece una educación completamente digital para aulas de 5º y 6º de Educación Primaria” en las escuelas que lo adoptan. Esto implica que, en esos cursos, estudiantes y docentes usan ordenadores personales para acceder a “aulas digitales”. Quizás te haya llegado el enlace a la encuesta para familias que elaboró ANPAS GALEGAS para conocer su opinión sobre el programa. Si no lo has hecho, te invitamos a participar en esa encuesta.

 
En el CEIP Isidro Parga Pondal, al cumplirse cuatro años desde la adopción del programa, los profesores deben decidir la continuidad del programa de cara al próximo curso 2024-2025. Desde el ANPA Bidueiro creemos que será útil compartir con los profesores la opinión de las familias de nuestro centro sobre este tema y, por eso, compartimos esta encuesta anónima basada en la de ANPAS GALEGAS. 
 
Contestar la encuesta te llevará menos de 5 minutos
 
Se aceptan respuestas hasta el miércoles 22/5
 
¡Muchas gracias por participar!
 

Inscripción actividades extraescolares 24-25

Boas tardes, publicamos o enlace da inscripción nas actividades extraescolares do curso 24-25. 

Non é necesario que as persoas que realizaran a preinscripción volvan cubrir o formulario de inscripción. 

En caso de que algunha actividade escollida non saia adiante por poucas solicitudes, ofertarase unha alternativa no horario escollido e no grupo de idade correspondente para facilitar a conciliación familiar. Neste caso avisarase as familias con antelación.

Moitas Gracias, un saudo.

Formulario Inscripción

Catálogo de actividades

Cuadrante de actividades

Como en cursos anteriores a actividade de teatro xestionase de forma separada. Informaremos cando teñamos os horarios e as prazas dispoñibles.

Añade aquí tu texto de cabecera

Pavillón Arsenio Iglesias

Segundo nos comunica o Concello, o uso do pavillón Arsenio Iglesias terá un uso limitado entre os días 12-14 deste mes. Anxuntamos a nota.

Bo día,

Con motivo da celebración da III Feira de orientación académica e profesional Concello de Oleiros, precisamos dispoñer do Pavillón Arsenio Iglesias do 12 ao 14 de marzo de 2024, ambos inclusive.

Nestes días, só se poderá utilizar o pavillón para a entrada e a saída do alumnado do transporte escolar, agás a saída do xoves 14 de marzo, ás 14 horas, que deberá realizarse por fóra do mesmo.

Por outra parte, tamén o xoves 14 de marzo, día de celebración da Feira, o aparcadoiro do pavillón estará reservado para a organización e participantes na Feira e non se poderá estacionar no mesmo; por tal motivo, haberá control de acceso e só se poderá acceder cun vehículo autorizado. Ás 14 horas, haberá libre acceso e libre estacionamento. Tanto a primeira hora como a mediodía, os autobuses do transporte escolar si poderán acceder para deixar e recoller ao alumnado.

O martes 12 de marzo o pavillón estará libre a partir das 15 horas, polo que se poderá utilizar para as actividades de recollida de comedor e actividades extraescolares.

USO PAVILLÓN :

–       Martes 12 –

o   Entrada e saída do alumnado de transporte escolar.

o   A partir das 15 horas, queda libre para o seu uso habitual (recollida comedor, actividades extraescolares).

–       Mércores 13 –

o   Entrada e saída do alumnado de transporte escolar.

–       Xoves 14 –

o   Entrada do alumnado de transporte escolar.

o   A saída do alumnado, con o sen transporte escolar, realizarase por fóra do pavillón.

o   De 8 a 13.50 horas, o acceso ao aparcadoiro e o estacionamento estarán restrinxidos á organización, participantes e visitantes da Feira de Orientación. Os autobuses do colexio poderán acceder para deixar e recoller ao alumnado.

Solicitamos que por favor, informedes ás familias afectadas e ao persoal encargado dos servizos de madrugadores, comedor e actividades extraescolares.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración e desculpámonos polas molestias ocasionadas.

Un saúdo.

Concesión Subvención Concello de Oleiros

 

Dacordo coa notificación do Decreto da Alcaldía nº 2023006214, de 15 de Decembro de 2023, mediante o que resolveu a concesión da “Subvencións a Entidades para a Promoción e Difusión da Cultura e o Deporte 2023”, a nosa ANPA recibirá un total de 14.459,65 € para sufragar os seguintes gastos xerados entre Xaneiro-Xuño 2023 | Setembro – Decembro 2023:

 

Teatro.

Urban Dance.

Patinaxe.

Os Venres Xogamos todos.

Multideporte.

Mans Creativas.

Debuxo e Pintura.

Deportes de Contacto.

English Club.

Fútbol.

Lingua de Signos.

Cine e Fotografía.

Xogos de Mesa.

Festas de Fin de Curso, Samaín e Nadal .

 

 

Dende a Xunta Directiva da Anpa, agradecemos o apoio e colaboración do Concello de Oleiros con ésta Entidade.

Festa do Nadal 2023

O vindeiro xoves, día 21, a partir das 17:00, terá lugar no colexio a festa de Nadal. Esperamosvos.