
Reunión co Concello sobre o futuro uso do pavillón
Estimadas familias:
Queremos informarvos sobre a reunión mantida o pasado 23 de setembro de 2026 entre representantes da ANPA Bidueiro e do Goberno local de Oleiros.
O obxectivo principal desta xuntanza foi trasladar a preocupación da nosa comunidade educativa tras as obras de mellora do pavillón e a consecuente restrición do seu uso.
A continuación, resúmense os puntos máis relevantes tratados no encontro:
Preocupacións trasladadas pola ANPA
- Falta de espazos cubertos: Salientamos a necesidade urxente de contar con áreas protexidas suficientes para acoller ao elevado volume de alumnado do centro durante os tempos de lecer e actividades.
- A petición de familias de nenos e nenas con Necesidades Específicas de Apoio Educativo, trasladamos o malestar pola acumulación de alumnado en espazos reducidos. Explicamos como os cambios de rutina e de espazos derivados das obras, e que continuarán cos novos criterios da administración, afectan especialmente a este alumnado.
Postura do Concello
A administración sinalou que se estaba a facer un uso do pavillón que consideran “inadecuado”, alegando que a instalación debe destinarse exclusivamente a actividades deportivas e non como patio de colexio.
Informaron de que xa comunicaran ao centro por correo electrónico a futura limitación de uso destas instalacións.
Acordos e liñas de traballo futuras
- Búsqueda de alternativas e melloras: O Concello amosouse disposto a valorar distintas propostas para paliar a falta de espazo, tales como unha pequena ampliación na zona lateral, un cerramento ou solucións para facer máis seguro o patio cuberto situado sobre as gradas.
- Participación da ANPA: A administración convidounos a achegar ideas e comprometeuse a avisarnos cando acudan ao colexio para avaliar estas medidas sobre o terreo, permitíndonos estar presentes.
Dende a ANPA seguiremos traballando e colaborando coas administracións para garantir que os nosos nenos e nenas disproñan duns espazos escolares dignos, seguros e inclusivos.
Manterémosvos informados de calquera novidade.
Obras no comedor escolar
Ola, familias.
Como xa sabedes, durante o verán realizáronse obras no noso comedor escolar. Aínda que se realizaron traballos no tellado e solucionáronse as goteras, quedou pendente a pintura interior do comedor.
O pasado martes, 22/9, compañeiros e compañeiras da ANPA mantiveron unha reunión coa Dirección Territorial da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, co obxectivo de coñecer os prazos previstos para a finalización das obras.
Este é un resumo do tratado na reunión:
🎨 Pintado do comedor
Unha vez solucionado o problema de filtracións da cuberta do comedor, a Dirección Territorial confirmou a actuación de pintado de todo o seu espazo interior, incluídos os radiadores.
📅 Cando?
A actuación comezará canto antes. A empresa xa realizou a medición e está autorizada para iniciar os traballos, polo que poderían comezar mesmo esta fin de semana.
⏱️ Duración: aproximadamente 3-4 días. Durante este período, coordinarase coa dirección do centro a reorganización das actividades lectivas, do comedor e extraescolares.
🏫 Ampliación dos espazos do centro
Trasladamos novamente a necesidade de ampliar os espazos do centro. Explicóusenos que as obras de maior envergadura dependen da Consellería e que cada ano se seleccionan determinados centros para reformas integrais, en función de criterios como a antigüidade do edificio, as necesidades de escolarización e a súa localización.
A Dirección Territorial xa coñece a nosa petición e comprometeuse a trasladala aos responsables correspondentes, aínda que non pode confirmarmos unha data. Desde a ANPA seguiremos insistindo nesta demanda coa esperanza de que se solucione canto antes.
🤝 Seguimento
Tamén se acordou realizar unha visita ao centro unha vez rematadas as obras do comedor, á que a ANPA está convidada. A Dirección Territorial mostrouse, ademais, aberta a manter o contacto coa ANPA sempre que sexa necesario.
Desde a ANPA seguiremos informando das novidades e facendo seguimento destas actuacións e das necesidades do noso centro.
Grazas ás familias por acompañarnos e apoiar estas reivindicacións.
Aberta a inscrición para o servizo de conciliación (setembro)
Ola, familias!
Xa está aberta a inscrición para o servizo de conciliación que ofrecemos en setembro, de 16:00 a 17:00 h.
Por favor, accede ao Portal para facer a inscrición.
Se xa fixeches a inscrición nas actividades extraescolares, que comezan o 1 de outubro, non é necesario que fagas nada.
Grazas!!

Bono Concilia 2026
La Consellería de Política Social e Igualdade convoca las ayudas económicas del programa Bono Concilia Familia 2026, destinadas a apoyar a las familias en la atención de sus hijas e hijos en situaciones puntuales de necesidad de conciliación y durante los períodos de vacaciones escolares.
Más información: https://xuventude.xunta.gal/es/node/4857
