Contacontos en inglés

Ola, familias!

Os compañeiros de Fontán, a empresa que coordina parte das actividades extraescolares do cole, convídannos a un contacontos en inglés con temática de Halloween.

📅 Venres 23 de outubro
🕠 Ás 17:30 h
📍 Na biblioteca do cole

A actividade está pensada para nenos e nenas de ata uns 8 anos, aproximadamente, pero están convidados todos os nenos e nenas do Parga Pondal.

É necesario inscribirse previamente a través deste formulario en liña:
👉 Inscrición ao contacontos

Agardámosvos para pasar unha tarde terrorificamente divertida!