Reunión co Concello sobre o futuro uso do pavillón

Estimadas familias:

​Queremos informarvos sobre a reunión mantida o pasado 23 de setembro de 2026 entre representantes da ANPA Bidueiro e do Goberno local de Oleiros.

O obxectivo principal desta xuntanza foi trasladar a preocupación da nosa comunidade educativa tras as obras de mellora do pavillón e a consecuente restrición do seu uso.

​A continuación, resúmense os puntos máis relevantes tratados no encontro:

Preocupacións trasladadas pola ANPA

  • ​Falta de espazos cubertos: Salientamos a necesidade urxente de contar con áreas protexidas suficientes para acoller ao elevado volume de alumnado do centro durante os tempos de lecer e actividades.
  • A petición de familias de nenos e nenas con Necesidades Específicas de Apoio Educativo, trasladamos o malestar pola acumulación de alumnado en espazos reducidos. Explicamos como os cambios de rutina e de espazos derivados das obras, e que continuarán cos novos criterios da administración, afectan especialmente a este alumnado.

​ Postura do Concello

​A administración sinalou que se estaba a facer un uso do pavillón que consideran “inadecuado”, alegando que a instalación debe destinarse exclusivamente a actividades deportivas e non como patio de colexio.

​Informaron de que xa comunicaran ao centro por correo electrónico a futura limitación de uso destas instalacións.

​Acordos e liñas de traballo futuras

  • ​Búsqueda de alternativas e melloras: O Concello amosouse disposto a valorar distintas propostas para paliar a falta de espazo, tales como unha pequena ampliación na zona lateral, un cerramento ou solucións para facer máis seguro o patio cuberto situado sobre as gradas.
  • ​Participación da ANPA: A administración convidounos a achegar ideas e comprometeuse a avisarnos cando acudan ao colexio para avaliar estas medidas sobre o terreo, permitíndonos estar presentes.

​Dende a ANPA seguiremos traballando e colaborando coas administracións para garantir que os nosos nenos e nenas disproñan duns espazos escolares dignos, seguros e inclusivos.

Manterémosvos informados de calquera novidade.