Ola, familias.
Como xa sabedes, durante o verán realizáronse obras no noso comedor escolar. Aínda que se realizaron traballos no tellado e solucionáronse as goteras, quedou pendente a pintura interior do comedor.
O pasado martes, 22/9, compañeiros e compañeiras da ANPA mantiveron unha reunión coa Dirección Territorial da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, co obxectivo de coñecer os prazos previstos para a finalización das obras.
Este é un resumo do tratado na reunión:
🎨 Pintado do comedor
Unha vez solucionado o problema de filtracións da cuberta do comedor, a Dirección Territorial confirmou a actuación de pintado de todo o seu espazo interior, incluídos os radiadores.
📅 Cando?
A actuación comezará canto antes. A empresa xa realizou a medición e está autorizada para iniciar os traballos, polo que poderían comezar mesmo esta fin de semana.
⏱️ Duración: aproximadamente 3-4 días. Durante este período, coordinarase coa dirección do centro a reorganización das actividades lectivas, do comedor e extraescolares.
🏫 Ampliación dos espazos do centro
Trasladamos novamente a necesidade de ampliar os espazos do centro. Explicóusenos que as obras de maior envergadura dependen da Consellería e que cada ano se seleccionan determinados centros para reformas integrais, en función de criterios como a antigüidade do edificio, as necesidades de escolarización e a súa localización.
A Dirección Territorial xa coñece a nosa petición e comprometeuse a trasladala aos responsables correspondentes, aínda que non pode confirmarmos unha data. Desde a ANPA seguiremos insistindo nesta demanda coa esperanza de que se solucione canto antes.
🤝 Seguimento
Tamén se acordou realizar unha visita ao centro unha vez rematadas as obras do comedor, á que a ANPA está convidada. A Dirección Territorial mostrouse, ademais, aberta a manter o contacto coa ANPA sempre que sexa necesario.
Desde a ANPA seguiremos informando das novidades e facendo seguimento destas actuacións e das necesidades do noso centro.
Grazas ás familias por acompañarnos e apoiar estas reivindicacións.