Adxudicación da subvención – Actividades de promoción da igualdade

Estimadas familias,

Queremos compartir con vós que, no mes de xuño, a ANPA BIDUEIRO resultou axudicataria da subvención da Xunta de Galicia para realizar actividades de promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres. Isto permitiunos coordinar unha serie de actividades relacionadas con esta temática en horarios lectivo e en coordinación coa dirección e o profesorado do noso centro educativo. 

A continuación, vos deixamos o listado e o contido das actividades subvencionadas e realizadas con Aventeira, Cooperativa de Educación e Lecer, dentro do seu programa Lentes Violetas, que a través de formacións e materiais pedagóxicos, ofrece ferramentas para identificar desigualdades de xénero e promover o bo trato en contextos sociais e educativos:

  • Somos Cores, para o alumnado de 6º de Educación Primaria (EP) e titores/as do grupo A través dun xogo tipo concurso traballarase a diversidade afectivo-sexual e de xénero. O alumnado coñecerá as dimensións do feito sexual humano (sexo biolóxico e sexo asignado ao nacer, orientación sexual e/ou romántica, identidade de xénero, expresión de xénero) e promoveranse actitudes inclusivas e críticas coa LGTBIQ+fobia. 
  • Misterio no Reino Encantado, para as alumnas e alumnos de 5º de Educación Primaria. Gran xogo inmersivo tipo cluedo con búsqueda de pistas no que o alumnado deberá esclarecer un misterio. A resolución do xogo suporá un berro de liberdade para as princesas dos contos e promoverá a reflexión por parte do alumnado sobre os estereotipos de xénero presentes nos contos e na súa vida cotiá.
  • Cambiando o conto, realizado polo alumnado de 4º e 3º de EP e as titoras/es do grupo. Realizarase unha asemblea para detectar estereotipos de xénero en diversos ámbitos, o alumnado disfrazarase para teatralizar contos e detectar neles estes estereotipos e finalmente farán propostas de contos libres de estereotipos de xénero e achegarán ideas que nos axuden a superar estereotipos na vida real.
  • Falarnos Bonito, o alumnado de 2º de EP e as titoras/es do grupo, a través de actividades participativas de posicionamento no espazo, xogos e dramatización de solucións traballaremos a identificación e expresión de emocións. Achegarase ao alumnado a CNV, unha metodoloxía comunicativa innovadora, que promove a conexión emocional, o bo trato, a empatía e a resolución positiva dos conflitos. Traballaremos así habilidades clave para o desenvolvemento de masculinidades igualitarias e para a prevención das violencias de xénero.
  • Escolle a túa propia aventura, actividade para os a as alumnas de 1º de EP e as titoras/es do grupo. A través dun xogo participativo desenvolto mediante a plataforma de xogos interactivos Genialy o alumnado construirá personaxes e historias propias a partir de diferentes opcións. Cada escolla que fagan determinará o rumbo da aventura, ao tempo que lles permitirá desbloquear “logros” asociados a valores relacionados coa igualdade de xénero (cuestionamento de roles e estereotipos de xénero, apoderamento feminino, masculinidades igualitarias e diversidade afectivosexual), que obterán en forma de cartas ilustradas en formato físico.
  • Ayo, unha mascota diferente, para os nosos pequechos de 6º de Educación Infantil, e as súas titoras/es do grupo, empregarase unha mascota, xogos de posicionamento  no espazo e video forum dunha curta de stop motion cos que xerar debates e reflexións sobre os estereotipos de xénero presentes nos contos e por en valor a diversidade e a superación de estereotipos de xénero.

Ademais, como parte das actividades programadas ao abeiro desta subvención, inclúese unha actividade para as familias dos nosas crianzas. Neste caso, deixaremos proximamente este material dispoñible na nosa web, en formato video, para que o teñades sempre accesible e poidades acceder cando o creades conveniente. 

Esta actividade sería a de Escola de Familias: Medrar en amores. Esta formación online combina breves pílulas expositivas con actividades participativas e colaborativas deseñadas mediante ferramentas de xogos educativos online para traballar Mitos do amor romántico, estereotipos de xénero nas relacións, iceberg das violencias de xénero, ciclo da violencia e estratexias para o bo trato nas relacións.