
Queridas familias,
Hoxe, 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia cara as Mulleres, vos deixamos accesible a Escola de Familias, actividade que, en colaboración con Aventeira, destinamos a un público adulto. Trátase dunha charla en formato vídeo, accesible sempre que queirades, na que se tratarán os mitos do amor romántico, os estereotipos de xénero nas relacións, o ciclo da violencia, as estratexias para o bo trato nas relacións e todas aquelas actitudes que poden darse en situacións de violencia de xénero. Para que as familias podamos axudar aos nosos fillos e fillas a identificar e non normalizar relacións desiguais, de control e posesividade, exixencias ou renuncias presentadas como probas de amor.