Axudas a comedor

No presente curso escolar 2023-2024 o Concello de Oleiros vai conceder unha subvención á ANPA destinada a disminuir o custe do comedor escolar ao alumnado usuario que o solicite e que estea empadroado no Concello de Oleiros.
Ésta é a mesma Beca que ata o curso pasado era solicitada polas familias directamente ao Concello.
Como novidade éste ano a xestión faráse a través da Anpa.
A efectos de comprobar que os nenos e nenas están efectivamente empadroados, cómpre que as persoas representantes legais dos mesmos que desexen solicitar este desconto aporten o volante de empadroamento (que poderán obter na Sede Electrónica municipal), ou ben que autoricen a
consulta deste aspecto ao Padrón municipal, para o cal contaremos coa colaboración do Concello.
En calquera dos casos, deberán presentar á ANPA antes do día 26 de outubro de 2023 a solicitude debidamente cuberta que se achega como anexo.
A solicitude pode ser asinada:
– De xeito manuscrito. Neste caso deberá acompañarse unha copia do anverso do DNI do/da asinante, a efectos de comprobar a súa identidade. Se non se presenta a documentación necesaria, non se poderá efectuar a consulta e polo tanto a persoa solicitante non poderá acceder ás axudas.
O xeito de entregar as solicitudes será:
– Solicitudes asinadas manualmente: entregaránse ao equipo do Comedor.
As solicitudes que sexan entregadas despois da data fixada non serán tramitadas

Podedes descargar o formulario aquí.

Moitas gracias, un saúdo.