Nota informativa

Bos dias, ante os correos recibidos a tenor da comunicación enviada para a regularización da inscripción da ANPA, comentar o seguinte:

As persoas que están asociadas non teñen que realizar ningunha actuación, simplemente se notifica o cobro do recibo anual.

As persoas que non están asociadas e queiran facelo, si o prefiren, teñen a sua disposición no seguinte enlace  un formulario que poderán enviar recheo o correo info@anpabidueiro.es.

Para calquer dubida podedes poñervos en contacto con nos no mesmo correo.

 

Moitas grazas, un saudo.

 

Info saidas dias 15,

Os vindeiros días 15,16 e 17 de marzo e con motivo da celebración da II Feira de orientación académica e profesional Concello de Oleiros modificase a saida dos nenos de actividades. Estas serán por a porta principal.

Moitas grazas, un saudo.

Fin do curso.

Estimadas nais e pais, dirixímosnos a vos, este día no que remata o curso para as nosas nenas e nenos, para agradecervos toda a vosa comprensión, axuda e colaboración con esta directivas. Tanto no nome das miñas compañeiras como no meu propio, moitas grazas.

Este curso apenas fixemos mais que xestionar o comedor as actividades extraexcolares e unha festa de fin de curso. Foi un ano de retorno a normalidade e en moitas ocasións tivemos condicionados por os distintos protocolos, ondas e demais que nos impediron ter unha planificación axeitada.

Outro dos obxectivos de este curso e que consideramos de prioridade, tamén se nos quedou na listaxe de cousas pendentes. Como todos os usuarios de comedor sabedes, estamos na idea que a empresa colaboradora presta un gran servizo, servizo que non se corresponde coas instalación que utilizamos para este mester, aula de música. Intentamos co intermediación da dirección do cole avanzar nese sentido, pero por motivos inconcretos non fomos quen de conseguir iniciar o proceso.

Esa e a nosa tarefa pendente para o próximo curso e para a cal necesitaremos todo o apoio que nos podades dar. Vos iremos informando segundo vaiamos tendo novidades.

Por o demais que teñades un moi bo verán, un saúdo.

ANPA Bidueiro.

Lembrade que para calquera consulta tedes o voso dispor info@anpabidueiro.es

Festa de Fin de Curso

Bos días familias, acercase o remate do curso, este ano e continuando o que escomenzamos no curso 18-19, imos realizar unha festa de fin de curso para que as nosas nenas e nenos se depidan como merecen das clases. 

Teremos unha festa o día 18/06 da que deixamos o programa mais abaixo. Para ter un pouco cuantificada a xente que se quedará a xantar, por favor enviade un correo a info@anpabidueiro.es Co asunto festa22

Un saudo e moitas gracias por a vosa colaboración.