Actividades extraescolares

Bos días a todos, a estas alturas de verán xa está preto o comezo no novo curso. Xa posta en marcha a inscrición do comedor hoxe habilitamos a inscrición no programas de actividades extraescolares con algunhas novidades con respecto o curso anterior.

  • Os horarios, se  manteñen. A primeira hora será de 15:30 a 16:30 e a segunda hora de 16:30 a 17:30. 
  • Se habilita un servizo de garda para prolongar a recollida dos nenos  de 17:30 a 18:00.
  • Se modifica a estrutura de prezos de xeito que a inscrición en varias actividades non sexa tan gravosa, establecendo un programa de descuentos en función do número de actividades contratadas.
    Prezos por actividade:
    • 1 actividade: Socios (19€) Non socios (25€)
    • 2 actividades: Socios (30€) Non socios (45€)
    • 3 actividades: Socios (40€) Non socios (60€)
    • 4 actividades: Socios (50€) Non socios (70€)

* 10% desconto 2º irmán e seguintes
* Na primeira cuota cobraranse 9€ dedicados ao seguro anual (obrigatorio).

O protocolo COVID será o do pasado curso, estamos pendentes das autoridades sanitarias e de educación por si hai modificacións as que, como non pode ser de outro seixo, nos adecuaremos.

Esperamos que esta información sexa do voso un interes. Ánimo e a por o curso 21-22

Vos deixamos os enlaces tanto o catalogo de activides como o formulario na columna da dereita no apartado extraescolares.

√ Catálogo

√ Inscripción

Preinscripción comedor

Xa podedes solicitar praza para o servizo de comedor no curso 21-22 no seguinte enlace Preinscripción

Prezos:

  • Comedor
    • Comedor 5 días/semana – 102€
    • Comedor 4 días/semana – 82,75€
    • Comedor 3 días/semana – 62,85€
    • Comedor 2 días/semana – 41,85€
    • Comedor 1 día/semana – 21,20€

 

  • Madrugadores
    • Días esporádicos – 6,65€/día
    • Madrugadores con desayuno 39,80€
    • Madrugadores sin desayuno 29,80€
    • Días esporádicos madrugadores 2,70€/día

En canto o funcionamiento, mentras non teñamos novidades, entendemos que será similar o pasado ano. De calquer xeito vos informaremos de calquer variación.

Próximamente teremos novidades sobre as extraescolares.

 

Un saudo

Moitas grazas e boas vacacións

Bos días, hoxe remata o curso 20-21. Un curso que xa empezou condicionado por unha situación que esixía un gran esforzo por parte da comunidade educativa, empezando moi especialmente por os nosos fillos.
Este curso tiveron que relacionarse de forma distinta, con moitas limitacións. No día a día o uso dos espazos comúns, a mascarilla, a hixiene…. unha situación en xeral na que demostraron gran implicación e compromiso.
Queremos agradecer dende a ANPA a colaboración e compresión das familias fundamental para sacar adiante este curso. Gracias tamén os mestres e demais persoal do centro que adecuou os espazos e os horarios para poder cumprir ese protocolo COVID. Os nosos colaboradores ASUETO e ADC AS MARIÑAS, tamén fixeron un importante esforzo para prestar un servizo que a principios de curso non estaba nada claro que puidese saír adiante. O servizo de comedor ten a dificultade engadida dos espazos e se tiveron que habilitar aulas como comedor para poder cumprir os protocolos. Neste eido estamos a procurar que a administración faga unha reforma no comedor que amplíe a súa capacidade.
En canto as actividades da ANPA, a parte da xestión dos servizos de comedor e extraescolares non puido levar a cabo outras que estaban proxectadas para o curso como a excursións, festa fin de curso, obradoiros etc. Esperamos que as condicións sanitarias nos permitan o próximo curso facelas.
Subliñar que colaboramos co centro e co proxecto Transformando Patios para a adecuación das zoas de lecer. Un proxecto que nos parece moi interesante porque afecta directamente a humanización dos espazos comúns seguindo a visión das nenas e nenos do Isidro Parga Pondal.
Para finalizar, dicirvos que proximamente publicaremos as novas referentes o comedor e actividades así como os seus formularios de preinscripción. Tamén tedes a vosa disposición os correos de info@anpabidueiro.es , actividades@anpabidueiro.es e comedor@anpabidueiro.es para o que necesitedes.


Moitas gracias e pasade un moi bo verán.

Info Campamentos

Rematado o primeiro prazo de inscrición, informar que se realizara campamento todas as semanas ofertadas. Todas as solicitudes foron admitidas e en lugar de publicar a listaxe na web, notificarase individualmente os solicitantes. Si o non recibistes notificación poñédevos en contacto con actividades@anpabidueiro.es

Aínda e posible inscribirse, quedan prazas en algunha quenda. 

Un saúdo