Axudas a comedor

No presente curso escolar 2023-2024 o Concello de Oleiros vai conceder unha subvención á ANPA destinada a disminuir o custe do comedor escolar ao alumnado usuario que o solicite e que estea empadroado no Concello de Oleiros.
Ésta é a mesma Beca que ata o curso pasado era solicitada polas familias directamente ao Concello.
Como novidade éste ano a xestión faráse a través da Anpa.
A efectos de comprobar que os nenos e nenas están efectivamente empadroados, cómpre que as persoas representantes legais dos mesmos que desexen solicitar este desconto aporten o volante de empadroamento (que poderán obter na Sede Electrónica municipal), ou ben que autoricen a
consulta deste aspecto ao Padrón municipal, para o cal contaremos coa colaboración do Concello.
En calquera dos casos, deberán presentar á ANPA antes do día 26 de outubro de 2023 a solicitude debidamente cuberta que se achega como anexo.
A solicitude pode ser asinada:
– De xeito manuscrito. Neste caso deberá acompañarse unha copia do anverso do DNI do/da asinante, a efectos de comprobar a súa identidade. Se non se presenta a documentación necesaria, non se poderá efectuar a consulta e polo tanto a persoa solicitante non poderá acceder ás axudas.
O xeito de entregar as solicitudes será:
– Solicitudes asinadas manualmente: entregaránse ao equipo do Comedor.
As solicitudes que sexan entregadas despois da data fixada non serán tramitadas

Podedes descargar o formulario aquí.

Moitas gracias, un saúdo.

Axudas do concello a comedor

En relación o comentado na nova do concello e a cantidade de preguntas que ocasiona, comentar o seguinte:

Estase a organizar a forma de tramitación, terase que cubrir unha solicitude en papel que se fará chegar o concello para a súa avaliación. Estamos a espera de saber os prazos e como instrumentalizamos estas solicitudes. En canto teñamos mais información a publicaremos na web.


Moitas gracias, un saúdo.

O Concello subvencionará as ANPA para reducir o custo de comedor escolar dos nenos e nenas do municipio

O Concello de Oleiros vai subvencionar as ANPA que xestionan os comedores dos centros de ensino públicos para reducir o custo do comedor dos nenos e nenas do municipio e facilitar así a conciliación. As familias interesadas en beneficiarse desta subvención municipal deberán dirixirse á súa respectiva ANPA para solicitalo.

 

Ademais desta liña de axudas, o Concello asume o 100% do gasto de comedor escolar de todos os nenos e nenas de familias en situación de vulnerabilidade, para garantir que accedan aos comedores e poder cubrir así as súas necesidades básicas de alimentación.

O investimento municipal total nestas dúas accións é de 130.000 euros.

Enlace a nova

 

 

O Concello de Oleiros organiza un novo obradoiro do programa Familias Inquedas para mellorar a convivencia nas familias con adolescentes

O Concello de Oleiros organiza unha nova edición do Obradoiro “Acompañando na adolescencia” dirixido a familias con fillos e fillas entre 11 e 17 anos de idade empadroadas no Concello de Oleiros. O obradoiro será impartido por Sara Vierna, de Almas Meraki, educadora con ampla experiencia no traballo con adolescentes e familias, en temas de igualdade, educación emocional, sexualidade e tecnoloxías.

 

Mais información aquí.

Actividades 23-24

Bos días, sabemos que esta información a teríamos que ter facilitado fai días, pero a planificación das actividades se demorou por diversos motivos.

Achegamos o enlace de inscrición e intentaremos ter os grupos formados para o luns. En caso de non ser posible, buscaremos a forma de que os nen@s que o necesiten se podan quedar ou ben facendo a súa actividade si están os grupos formados, ou participando en outra actividade mentres non se concretan os grupos.

Pedímosvos desculpas por esta premura, sabendo da necesidade das actividades.

Enlace o formulario de inscrición. 

Enlace a descrición das actividades.

Enlace o cuadrante das actividades.

Para calquera consulta tedes o correo de actividades actividades@anpabidueiro.es

 

Moitas gracias, un saúdo.