Os patios escomenzan a ter vida

Enmarcado dentro do proxecto “Patios Dinámicos” está a creación dun mural no patio traseiro, donde estaban as antigas gradas. Despois de facer unha recompilación de ideas nas clases, con debuxos das nenas e nenos o artista Joseba Muruzábal, fixo unha composición para plasmar todas esas ideas nun mural. Visitou o centro para ver os debuxos e o muro para planificar a actuación.

Con este primeiro paso impulsado por o equipo de Transformando Patios, O cole Isidro Parga Pondal e a ANPA, iniciase a transformación dos patios para crear un entorno mais amigable, funcional, divertido… en definitiva, facer uns patios para os seus usuarios que son as nosas fillas e fillos.

Esta e unha pequena actuación, podedes ver o proxecto completo en https://www.transformandopatios.org/ e na web do cole Transformando os patios | CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal (xunta.gal) Existen actuacións de mais calado para as que confiamos contar co colaboración das administracións públicas.

Segiremovos informando da sua evolución, así como das distintas actividades e actuación das que nais e pais temos que ser participes.

Un saudo.