
XV XORNADAS DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE

A Secretaría Xeral da Igualdade organiza as XV XORNADAS DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS para as nais e pais e as súas fillas e fillos.
Trátase dunhas xornadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, que atenderá tanto a temática de promoción da igualdade como a loita para erradicar a violencia contra as mulleres: Nestas xornadas se abordarán os conceptos básicos sobre as desigualdades persistentes na nosa sociedade e no eido educativo, dos estereotipos e roles de xénero, das condutas machistas, da conciliación e da necesidade da corresponsabilidade ou reparto equitativo das tarefas de coidado e domésticas, entre outras pautas para avanzar cara a igualdade. Noutro ámbito, presentaranse datos acutalizados sobre a violencia de xénero en Galicia e pautas, recomendacións e protocolos para a loita contra a violencia de xénero. Todos isto con exemplos e material descritivo.
Finalmente presentaranse experiencias levadas a cabo polas anpas de centros educativos de Galicia de traballo neste eido.
Estas xornadas diríxense á comunidade educativa dos centros, as persoas socias da ANPA, as familias, profesorado, e público en xeral. Trátase dunha actividade formativa destinada a sensibilizar ás familias e ao público en xeral na educación en igualdade e prevención da violencia de xénero.
Contarase cun servizo de atención a menores baixo petición, para atender aos cativos e ás cativas entre 12 meses e 10 anos.
Para intentar facilitar a asistencia ás familias e profesorado esta actividade formativa celebrarase nas catro provincias nas seguintes datas:
- A CORUÑA | 31 DE MAIO | 17:00 h – 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Praza Luis Seoane, s/n).
http://igualdade.xunta.gal/es/content/folla-de-inscricion-para-coruna-ou-pontevedra
Charla “Todo por un like”

O xoves 9 de maio, ás 20:00 h, no auditorio do Centro Cultural A Fábrica en Santa Cristina haberá unha charla co título “Todo por un like” na que se falará sobre a influencia que teñen internet e as redes sociais na educación emocional, afectiva e sexual nas etapas da infancia e da adolescencia.
Fai tempo que a educación e a formación dos nosos fillos e fillas non se restrinxe únicamente ao entorno familiar e o centro educativo, a irrupción nas últimas décadas das novas tecnoloxías e o acceso a internet a través de numerosos dispositivos provoca que estes medios sexan hoxe en día un potente axente educativo nas etapas da infancia e na adolescencia.
Coñecer a influencia que teñen nos menores, os comportamentos que derivan do seu uso indiscriminado e sen criterio e, sobre todo, a necesidade dun acompañamento por parte das familias serán algún dos obxectivos desta charla.
Coñeceremos que hai detrás de moitos dos comportamentos que observamos hoxe en día nos nenos e nenas e, posteriormente, na adolescencia, unha etapa da vida á que se chega cada vez antes de tempo.
Para falar sobre todo isto nada mellor que da man de dúas especialistas na educación emocional, en redes sociais e no traballo con menores e adolescentes: Sara Vierna e Virginia Pañeda, integrantes de Almas Meraki.
Esta charla enmárcase dentro do ProgramaFamilias Inquedas, un conxunto de actividades dirixidas ás familias de Oleiros con menores para apoialas, acompañalas e orientalas na educación e crianza dos seus fillos e fillas.