AXUDAS PARA A ASISTENCIA A COMEDORES ESCOLARES CURSO 2022 – 2023

Bo día, publicamos esta información por si e de utilidade.

Iniciando un novo curso, o 2 de setembro publícas no Boletín Oficial da Provincia nº 167, a Convocatoria de axudas para a asistencia a comedores escolares para o curso 2022/2023.

Por se considerades conveniente informar ás familias, facilitámosvos a información e a documentación precisa para facer as solicitudes.

Estas deberán presentarse ante o rexistro do Concello de Oleiros sito no Centro Cultural “A Fábrica” en horario de 8:30 a 14:00 horas, ou ben a través da Sede electrónica, no modelo normalizado que se inclúe na convocatoria.

O prazo de solicitude rematará o día 30 de setembro de 2022.

Un saúdo