Moitas grazas e boas vacacións

Bos días, hoxe remata o curso 20-21. Un curso que xa empezou condicionado por unha situación que esixía un gran esforzo por parte da comunidade educativa, empezando moi especialmente por os nosos fillos.
Este curso tiveron que relacionarse de forma distinta, con moitas limitacións. No día a día o uso dos espazos comúns, a mascarilla, a hixiene…. unha situación en xeral na que demostraron gran implicación e compromiso.
Queremos agradecer dende a ANPA a colaboración e compresión das familias fundamental para sacar adiante este curso. Gracias tamén os mestres e demais persoal do centro que adecuou os espazos e os horarios para poder cumprir ese protocolo COVID. Os nosos colaboradores ASUETO e ADC AS MARIÑAS, tamén fixeron un importante esforzo para prestar un servizo que a principios de curso non estaba nada claro que puidese saír adiante. O servizo de comedor ten a dificultade engadida dos espazos e se tiveron que habilitar aulas como comedor para poder cumprir os protocolos. Neste eido estamos a procurar que a administración faga unha reforma no comedor que amplíe a súa capacidade.
En canto as actividades da ANPA, a parte da xestión dos servizos de comedor e extraescolares non puido levar a cabo outras que estaban proxectadas para o curso como a excursións, festa fin de curso, obradoiros etc. Esperamos que as condicións sanitarias nos permitan o próximo curso facelas.
Subliñar que colaboramos co centro e co proxecto Transformando Patios para a adecuación das zoas de lecer. Un proxecto que nos parece moi interesante porque afecta directamente a humanización dos espazos comúns seguindo a visión das nenas e nenos do Isidro Parga Pondal.
Para finalizar, dicirvos que proximamente publicaremos as novas referentes o comedor e actividades así como os seus formularios de preinscripción. Tamén tedes a vosa disposición os correos de info@anpabidueiro.es , actividades@anpabidueiro.es e comedor@anpabidueiro.es para o que necesitedes.


Moitas gracias e pasade un moi bo verán.