SON NECESARIOS MAIS MEDIOS

As nais e pais do colexio demandamos máis recursos educativos no centro. Temos unha situación de falta de recursos recorrente. Esta vese máis agravada este curso pola situación sanitaria e pola diminución, aínda máis de persoal docente.

As nais e pais dos alumnos de 2ºA reclaman se tomen medidas con urxencia. Entendemos que o trato á diversidade non está garantido, tanto en canto, non se dotan os recursos mínimos imprescindibles para exercelo dunha forma minimamente digna. 

Os inexistentes recursos para a atención de alumnos con NEAE provocan serios desaxustes no resto dos ámbitos da educación cotidiá. O titor manifesta que esta falta de recursos provoca que non se poda prestar a adecuada atención a formación das alumnas e alumnos da clase.

De igual maneira a escases de persoal con perfil de inglés provoca que o titor desta clase teña que impartir as materias nesta lingua noutros cursos tendo que vir outros mestres a dar as signaturas na súa clase, non podendo facer un seguimento axeitado dos seus titorados nin realizar as accións pertinentes para o seu correcto desenvolvemento.

Por todo isto os pais e nais presentaron varios escritos no centro non conseguindo reverter o tema, polo que consideramos elevar a queixa a inspección de educación.

A prensa faise eco desta situación

La opinión