INFO: ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Estimadas nais e pais esperamos que esta nota sirva de resposta as varias preguntas que recibimos respecto as actividades no curso 20-21. 

Desde a directiva desta ANPA entendemos que as actividades extraescolares non cumpren unicamente unha función de utilización produtiva do tempo libre dos nenos, si non que cumpren unha función muy importante na conciliación da vida laboral e familiar. 

A posibilidade de realizar as mesmas está suxeita o protocolo Covid que se ten que axeitar as directrices publicadas por a Xunta e que podes consultar neste enlace. 

O noso protocolo Covid está redactado e estamos a espera de unha resposta de educación para poñelo na páxina.

O punto no que nos atopamos e o expresado na nota de fai dous días. A contradición no articulado do protocolo da xunta fai necesaria unha aclaración. A controversia radica en que nun punto indica explicitamente:

3.5. Evitaranse aquelas actividades no centro educativo que supoñan a mestura do alumnado de diferentes grupos de convivencia o clases, así como as que exixan unha especial proximidade.
Os eventos deportivos ou celebracións que teñan lugar nos centros educativos realizaranse sen asistencia de público

Unha interpretación e que non se poden facer actividades nas que asistan mais de un grupo de convivencia o que fai inviable a actividade. Outra interpretación e a aplicada no apartado de comedor, no que si poden asistir varios grupos de convivencia res petando a distancia de 1.5m entre os mesmos.

Nos interpretamos que si se resptra a distancia de 1.5m entre grupos, ou sendo mais estritos, entre cada alumno, estaríamos cumprindo co normativa. 

Pero ante esta dobre interpretación preferimos esperar unha aclaración.

Independentemente de esta espera estamos traballando na confección das mesmas con mais de 80 nenas e nenos inscritos. Teremos todo preparado para para cando chegue esa resposta por que sabemos da importancia das actividades para moitas familias.

Moitas grazas por as vosas preguntas e suxerencias.