O Concello de Oleiros organiza un novo obradoiro do programa Familias Inquedas para mellorar a convivencia nas familias con adolescentes

O Concello de Oleiros organiza unha nova edición do Obradoiro “Acompañando na adolescencia” dirixido a familias con fillos e fillas entre 11 e 17 anos de idade empadroadas no Concello de Oleiros. O obradoiro será impartido por Sara Vierna, de Almas Meraki, educadora con ampla experiencia no traballo con adolescentes e familias, en temas de igualdade, educación emocional, sexualidade e tecnoloxías.

 

Mais información aquí.