INICIO DO CURSO ESCOLAR 20-21

Estimadas nais e pais:

Dirixímonos a vos por mor de enviar unha  mensaxe de animo para o comenzo de este curso 20-21

Atopámonos ante o que posiblemente sexa o incio de curso escolar mais incerto e preocupante que vivimos. Sabemos da gran preocupación que existe nas nais e pais polo que queremos comunicarvos como estamos afrontando dende a ANPA esta entrada no curso.

Primeiramente dicirvos que as informacións varían día a día. Esta xunta directiva reuniuse para primeiramente ver si cos actuais circunstancias era viable seguir co servizo de madrugadores, comedor e actividades extra-escolares. Somos conscientes de que ata o momento, ese era o motivo de ser de esta ANPA, a mais de facer as celebracións das festas tradicionais, formar parte do Consello Escolar e estar a disposición das nais e pais. Nesa reunión analizamos as diferentes implicación que a realización de estas actividades podía ter dentro da responsabilidade desta xunta directiva.

Unha vez analizado o Protocolo de Adaptación publicado por a Xunta de Galicia decidimos xestionar estes servizos que nos parecen imprescindibles para a concilicación, aínda que con unhas normas adecuadas a situación que vivimos.

A primeira medida que adoptamos despois de falar co dirección do centro, foi contratar a unha empresa de riscos laborais que xa traballa con centros escolares, e coa axuda dos provedores de servizo de comedor e activades, así como tamén co dirección do centro, estase a facer o Plan de Continxencia segundo o protocolo de adaptación ao contexto do covid-19 elaborado pola Xunta de Galicia o 22/7/2020.

Contaremos cun protocolo estricto en materia de prevención, seguridade e hixiene sanitaria para todo o alumnado, e persoal que presta os servizos, de xeito que seguindo as instrucións recollidas no protocolo, teremos un espazo o máis protexido posible dentro das nosas competencias e posibilidades.

Para iso estase a facer (entre outros aspectos):

– Reestruturación dos horarios de comedor establecendo duas quendas para poder manter as distancias recomendadas e o tratamento dos grupos como os asigna o centro, grupos burbulla ou grupos de convivencia estable.

– Reestruturación dos horarios de actividades extraescolares, escomenzaran antes para reducir o tempo de espera desde o remate do comedor.

– Adecuación da oferta de actividades axeitándoa a nova realidade, eliminado as actividades de contacto e con materiais individuais en todas as actividades.

– No momento que teñamos o protolo o publicaremos na páxina web da ANPA.

Aquelas medidas que poidan xurdir da reunión sectorial de Educación por parte do Estado e de todas as Comunidades Autónomas, serán incluídas no protocolo tan pronto se produzan.

Estamos seguros que contamos co vosa comprensión e colaboración neste momento en que o cumprimento dos protocolos, horarios e as normas dictadas polas autoridades sanitarias e fundamental para estremar a seguridade dos nosos fillos e como consecuencia das nosas familias.

Por ultimo dicirvos que agradecemos a vosa confianza, sabemos que este curso será muy complicado, seguro que con sobresaltos, medos e incertidumes, pero co implicación de todos os compoñentes da comunidade escolar o sacaremos adiante.

Desde esta xunta directiva estamos facendo o posible para que todo saia ben, pero sabemos que o éxito non depende de nos, depende de todos e con todos contamos. Animo e vamos a por o curso 20-21

Equipo directivo ANPA Bidueiro

Para calquer consulta ou suxerencia podedes contactar en info@anpabidueiro.e