Poñemos en marcha esta plataforma dixital para facilitar a xestión das altas de socios e a contratación dos servizos que ofrece o ANPA do CEIP Isidro Parga Pondal.
Aquí poderedes facer de forma sinxela e rápida:
✅ A inscrición como socios do ANPA
✅ A contratación dos servizos de Comedor e Madrugadores
✅ Proximamente, tamén estará dispoñible a contratación das Actividades Extraescolares para o curso 2025-2026.
🔗 Accede ao portal en: portal.anpabidueiro.es
Se tedes calquera dúbida ou problema durante o proceso, podedes contactar connosco no correo da asociación: 📩 info@anpabidueiro.es
Estade atentos ás actualizacións. Iremos publicando toda a información necesaria para que poidades xestionar todo desde esta mesma plataforma, dun xeito cómodo e seguro.
Grazas por colaborar co ANPA e por formar parte desta comunidade educativa!