O Concello de Oleiros vai subvencionar as ANPA que xestionan os comedores dos centros de ensino públicos para reducir o custo do comedor dos nenos e nenas do municipio e facilitar así a conciliación. As familias interesadas en beneficiarse desta subvención municipal deberán dirixirse á súa respectiva ANPA para solicitalo.
Ademais desta liña de axudas, o Concello asume o 100% do gasto de comedor escolar de todos os nenos e nenas de familias en situación de vulnerabilidade, para garantir que accedan aos comedores e poder cubrir así as súas necesidades básicas de alimentación.
O investimento municipal total nestas dúas accións é de 130.000 euros.