Concesión Subvención Concello de Oleiros 2025

Dacordo coa notificación do Decreto da Alcaldía nº 2025003969, de 07/08/2025, mediante o que resolveu a concesión da “Subvencións a Entidades para a Promoción e Difusión da Cultura e o Deporte 2025”, a nosa ANPA recibirá un total de 11.028,55 € para sufragar os seguintes gastos xerados entre Xaneiro-Xuño 2025 | Setembro – Decembro 2025:

.- Contacontos e mindfulness.

.- Deportes de combates.

.- Diverciencia.

.- English Club.

.- Festas do curso (Samaín, Nadal, fin de curso e graduación).

.- Ludoteca.

.- Mans creativas, debuxo e pintura.

.- Multideporte e psicomotricidade.

.- Musical.

.- Os venres xogamos todos.

.- Patinaxe.

.- Urban dance.

.- Voleibol.

.- Ximnasia artística e ioga.

.- Taller para pais de educación sexual en familia.

Dende a Xunta Directiva da Anpa, agradecemos o apoio e colaboración do Concello de Oleiros con ésta Entidade.

🎉 Xa podes inscribir aos teus fillos e fillas nas actividades extraescolares! 🎉

Desde a ANPA informámoste de que xa está dispoñible o novo portal en liña, onde poderás contratar comodamente as actividades extraescolares para este curso.

✅ Rápido
✅ Sinxelo
✅ Dende calquera dispositivo

📌 Accede ao portal aquí: https://portal.anpabidueiro.es

Consulta aquí o cadrante de actividades.

Se tes algunha dúbida durante o proceso, non dubides en poñerte en contacto connosco.

Grazas por confiar na ANPA!