Convocatoria Asamblea Ordinaria

-802Días -22Horas -17Minutos -6Segundos
Convocatoria de Asamblea Ordinaria – 5 de Decembro de 2023
1ª convocatoria 19:30 h – 2ª convocatoria 20:00 h
CEIP Isidro Parga Pondal (Comedor)

 

Axudas a comedor

No presente curso escolar 2023-2024 o Concello de Oleiros vai conceder unha subvención á ANPA destinada a disminuir o custe do comedor escolar ao alumnado usuario que o solicite e que estea empadroado no Concello de Oleiros.
Ésta é a mesma Beca que ata o curso pasado era solicitada polas familias directamente ao Concello.
Como novidade éste ano a xestión faráse a través da Anpa.
A efectos de comprobar que os nenos e nenas están efectivamente empadroados, cómpre que as persoas representantes legais dos mesmos que desexen solicitar este desconto aporten o volante de empadroamento (que poderán obter na Sede Electrónica municipal), ou ben que autoricen a
consulta deste aspecto ao Padrón municipal, para o cal contaremos coa colaboración do Concello.
En calquera dos casos, deberán presentar á ANPA antes do día 26 de outubro de 2023 a solicitude debidamente cuberta que se achega como anexo.
A solicitude pode ser asinada:
– De xeito manuscrito. Neste caso deberá acompañarse unha copia do anverso do DNI do/da asinante, a efectos de comprobar a súa identidade. Se non se presenta a documentación necesaria, non se poderá efectuar a consulta e polo tanto a persoa solicitante non poderá acceder ás axudas.
O xeito de entregar as solicitudes será:
– Solicitudes asinadas manualmente: entregaránse ao equipo do Comedor.
As solicitudes que sexan entregadas despois da data fixada non serán tramitadas

Podedes descargar o formulario aquí.

Moitas gracias, un saúdo.

Axudas do concello a comedor

En relación o comentado na nova do concello e a cantidade de preguntas que ocasiona, comentar o seguinte:

Estase a organizar a forma de tramitación, terase que cubrir unha solicitude en papel que se fará chegar o concello para a súa avaliación. Estamos a espera de saber os prazos e como instrumentalizamos estas solicitudes. En canto teñamos mais información a publicaremos na web.


Moitas gracias, un saúdo.