Concesión Subvención Concello de Oleiros

 

Dacordo coa notificación do Decreto da Alcaldía nº 2023006214, de 15 de Decembro de 2023, mediante o que resolveu a concesión da “Subvencións a Entidades para a Promoción e Difusión da Cultura e o Deporte 2023”, a nosa ANPA recibirá un total de 14.459,65 € para sufragar os seguintes gastos xerados entre Xaneiro-Xuño 2023 | Setembro – Decembro 2023:

 

Teatro.

Urban Dance.

Patinaxe.

Os Venres Xogamos todos.

Multideporte.

Mans Creativas.

Debuxo e Pintura.

Deportes de Contacto.

English Club.

Fútbol.

Lingua de Signos.

Cine e Fotografía.

Xogos de Mesa.

Festas de Fin de Curso, Samaín e Nadal .

 

 

Dende a Xunta Directiva da Anpa, agradecemos o apoio e colaboración do Concello de Oleiros con ésta Entidade.

Festa do Nadal 2023

O vindeiro xoves, día 21, a partir das 17:00, terá lugar no colexio a festa de Nadal. Esperamosvos.

Resolución do Concello as axudas a ANPA para a disminución do custo do comedor

Estimadas familias,

Por acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Oleiros celebrada o 28 de novembro de 2023, á ANPA Bidueiro foille concedida a subvención solicitada para a rebaixa do custo de comedor ás familias usuarias de Comedor empadroadas no Concello de Oleiros.

A contía total concecida é de 15.290,56 €. O cálculo dos importes individuáis por alumno/a e curso foi realizado polo Concello e son os seguintes:

    • Asistencia de 5 días/semana 118,94 €
    • Asistencia de 4 días/semana 95,29 €
    • Asistencia de 3 días/semana 71,63 €
    • Asistencia de 2 días/semana 47,31 €
    • Asistencia de 1 días/semana 23,65 €

Todas as solicitudes presentadas (agás a de unha familia coa que xa nos puxemos en contacto) teñen concecida a reducción do custo de Comedor, en función das asistencias e según os importes arriba indicados.

En canto a ANPA  Bidueiro reciba o ingreso por parte do Concello. efectuaremos a distribución das cantidades individuais que corresponden a cada usuario/a.

Nos próximos días informaremos do método de reparto dos importes.

Convocatoria Asamblea Ordinaria

-770Días -8Horas -15Minutos -51Segundos
Convocatoria de Asamblea Ordinaria – 5 de Decembro de 2023
1ª convocatoria 19:30 h – 2ª convocatoria 20:00 h
CEIP Isidro Parga Pondal (Comedor)