Ola, familias!
Convidámosvos a “Raíces que asoman no Parga Pondal”: un obradoiro coa raza e a diversidade no centro para achegar referentes, desmentir prexuizos, construir grupo e sementar ganas de seguir descubrindo outras realidades.
Impartido por Tiffany López Ganet, unha mami do cole experta no tema, terá lugar o vindeiro mércores 11 de febreiro ás 17h na aula de música do cole!
Sexan benvidas tódalas persoas adultas da comunidade educativa!
