Dacordo coa notificación do Decreto da Alcaldía nº 2025003969, de 07/08/2025, mediante o que resolveu a concesión da “Subvencións a Entidades para a Promoción e Difusión da Cultura e o Deporte 2025”, a nosa ANPA recibirá un total de 11.028,55 € para sufragar os seguintes gastos xerados entre Xaneiro-Xuño 2025 | Setembro – Decembro 2025:
.- Contacontos e mindfulness.
.- Deportes de combates.
.- Diverciencia.
.- English Club.
.- Festas do curso (Samaín, Nadal, fin de curso e graduación).
.- Ludoteca.
.- Mans creativas, debuxo e pintura.
.- Multideporte e psicomotricidade.
.- Musical.
.- Os venres xogamos todos.
.- Patinaxe.
.- Urban dance.
.- Voleibol.
.- Ximnasia artística e ioga.
.- Taller para pais de educación sexual en familia.
Dende a Xunta Directiva da Anpa, agradecemos o apoio e colaboración do Concello de Oleiros con ésta Entidade.