Campamentos de Verán con DG 2025

🎉 Nova colaboración para os campamentos de verán! 🌞

Desde a ANPA temos o pracer de anunciar unha nova colaboración coa empresa DG Deporte Gestión para ofrecer campamentos de verán deportivos, que se desenvolverán nas instalacións de INEF e arredores.

💚 As familias socias da ANPA terán dereito a un desconto exclusivo na contratación destes campamentos, como parte dos beneficios de formar parte da asociación.

Os campamentos están centrados en actividades deportivas adaptadas a diferentes idades, pensadas para que nenos e nenas poidan practicar deporte, divertirse e aprender en compañía, nun entorno seguro e profesional. Contan con monitores especializados e unha ampla variedade de xogos, deportes e propostas lúdicas.

📎 Neste enlace podedes consultar toda a información detallada: datas, horarios, actividades, prezos, inscricións e condicións do desconto.

👨‍👩‍👧‍👦 Acompañámosvos tamén no verán!