Obras accesos CEIP Parga Pondal

Desde o 24 abril haberá obras nas zonas próximas ao centro, polo que vos envíamos as recomendacións de desvíos durante o período da obra. 
« Atrás

A obra da rotonda de Santa Cruz provocará cortes de circulación

Oleiros, 21 de abril de 2018-. Debido ás obras de construción da rotonda no centro de Santa Cruz, a partir do vindeiro martes día 24 de abril non poderá accederse á estrada de Meirás –avenida Emilia Pardo Bazán- desde a rúa Concepción Arenal. Está previsto que este corte se prolongue ata o 21 de maio, como máximo.

Aínda que o corte non afectará á circulación da estrada xeral (rúa Concepción Arenal, AC-173), os vehículos que queiran incorporarse á estrada de Meirás poderán facelo desde Coruxo de Arriba, xunto a gasolineira, ou a través da rúa Arandeira. Para os condutores que procedan de Dorneda pola estrada de Meirás recoméndase empregar a rúa do Souto ou a rúa Francisco Comesaña.

Calquera dúbida contactade co departamento municipal de obras públicas do Concello de Oleiros.