ACLARACION SOBRE A FOLGA DO 09-03-2017

—– Mensaje reenviado —–
De: Fed. Prov. ANPAs. C. Públicos <fedapascoruna@fedapascoruna.org>
Para: Fed. Prov. ANPAs. C. Públicos <fedapascoruna@fedapascoruna.org>
Enviado: Martes 7 de marzo de 2017 16:53
Asunto: Comunicado folga

 Estimadas ANPAS:
Ante as dúbidas xurdidas perante a nosa Federación estes días respecto á folga do vindeiro día 9, lembrámosvos que os convocantes neste ocasión son os sindicatos e o profesorado, non CONFAPA-Galicia.
A nosa Confederación de ANPAS estaba inicialmente nesa convocatoria, pero, polos motivos que explicamos no último comunicado, a nosa organización decidiu finalmente non secundala, porque as razóns principais eran que non se reunía a subcomisión parlamentaria do pacto educativo e as reválidas. Entendemos que estas dúas razóns agora non están vixentes, pois a subcomisión xa está traballando e as reválidas están anuladas.
Para nós, como pais e nais, esta convocatoria de folga quedou, coma sempre (a última do 26 de outubro e hai pouco a de estudantes) para protestar en contra da LOMCE e dos recortes.Entendimos, xa que logo, que  debemos dar unha oportunidade ao traballo sobre o pacto educativo.
Porén, este posicionamento ante a convocatoria de folga non quere dicir que baixemos a garda en todo o que vaia acontecendo e que se siga denunciando os recortes e traballando en esixir a derogación total da LOMCE.
 Podedes consultar toda a información na nosa web:fedapascoruna.org.